O amor imaxinado é un refuxio xélido, pero non pode ser rexeitado por ninguén. E así fun acumulando invernos baleiros e fríos. Ata que un día aprendín a estar so e entendín algo: cada novo inverno fai máis longo a ferida da soidade. E ás veces abonda a curación dunha pequena chaga para que o xeo comece a derreterse.
«CANDO CHOVE POR DENTRO»
PRETO
Mentres a miña necesidade de vida se afoga en falsos «quéresme» que o vento repite sen convicción, a sensación de terte preto cura lentamente as feridas. Non preciso promesas. Abonda coa túa imposible presenza.
SOMOS
Estes poemas que estou a escribir son unha forma de quedarmos en silencio fronte ao que somos cando ninguén nos mira. Ti e máis eu somos unha resposta á envexa dos homes e mulleres que só ven nos seus corpos unha pel espida e non quen de veren a infelicidade humana.
Escribir do que somos é iso: escoitar o que queda cando todo cala, cando os corpos espidos rematan o pracer e vístense de sentimentos.
OLLOS
Ás veces regresan sen nome nin voz. Só uns ollos que me miraron unha vez e deixaron en min unha luz imposible de apagar.
O PRACER
Facémolo con teimosía, con tesón, desde sempre. Somos dous fronte a un mundo que non entende. Din que o pracer é emocional. Eu non. Necesito a pel. O contacto. O latexo. Porque sen iso… estaría morto.